sábado, 27 de octubre de 2018

RENOVACIÓN DE ESPAZOS E VIVENCIAS

COMEZAMOS A ANDADURA  DO CLUB NESTE CURSO , CO LEMA: “A RENOVACIÓN VITAL E EXPERIMENTAL” 



Resultado de imagen de renovacion


 O pasado venres, 26 de outubro, tivemos a primeira sesión do club nesta nova etapa, estreando biblioteca renovada, no itinerario 2018-2019 e celebrando que o día 24 foi o Día da Biblioteca.

Presentamos a temática e actividades do curso e coñecemos as/os novas/os integrantes do grupo da ESO.  Escoitamos a canción "Renovarse o morir" do grupo musical La Señal e fixemos un xogo no que cada novo membro debe expresar un plan de cambio para este ano a ver se, ao acabar o curso, conseguiu cumprilo.



Comentamos que o primeiro libro que proporemos ler na próxima sesión, o día 30 de outubro, para festexar o Samaín/Halloween e noite de defuntos será La casa del reloj en la pared de John Bellairs, libro no cal se basa a película homónima que está xa nos cines e cuxo trailer aparece na tele e nas redes continuamente, e quedamos citados para ese día e facer a presentación do libro, a entrega de exemplares ao alumnado para que poida lelo durante a ponte do 31 ao 5 de novembro, e realizar toda unha serie de xogos de animación lectora.


Imagen relacionada


ASÍ POIS, O CLUB NAO SENLLEIRA PROMOCIÓN 2018-2019 QUEDA OFICIALMENTE INAUGURADO!



RENOVÁDEVOS!!!!


miércoles, 27 de junio de 2018

CANCIÓN DE XEO E LUME










Tratamos da saga literaria e o seu impacto na rede e no audiovisual. Charlamos (en galego) sobre os camiños psicolóxicos, xeográficos e políticos dos aspirantes ao trono de ferro do imaxinario continente de Poniente, nun mundo que está abocado á destrucción baixo a ameaza dos camiñantes brancos Máis alá do muro de xeo que protexe aos homes civilizados. Falamos das lecturas políticas nas actitudes dos poderosos e da simboloxía que presentan os camiñantes brancos e tamén da configuración das novelas e da serie como un continuo camiñar e viaxar duns continentes e reinos a outros en un camiño vital, psicolóxico e político. Ademáis da charla, fixemos a proposta da lectura  de El caballero de los siete reinos (triloxía formada por tres relatos: “El caballero errante”,” La espada leal” y “El caballero misterioso”), libro que se ubica no mesmo universo desta saga pero séculos antes e con diferentes personaxes e de Camino de dragón, novela curta que conta o periplo por diferentes ciudades, islas e continentes ata chegar a Poniente, coa intención de recuperar o seu lexítimo trono, dunha das protagonistas principais da saga: Daenerys Targaryen. Ambos libros son do autor George R.R. Martin e ambos están escritos en castelán. Comentamos, asemade, a profusión de obras sobre zombies e  a súa simboloxía: os camiñantes brancos da saga literaria Canción de hielo y fuego e a serie Xogo de tronos e os mortos vivintes de The walking dead (cómic e serie), Los Caminantes de Carlos Sisí (novelas e cómic), Apocalipse Z (triloxía de novelas en galego de editorial Urco) ou Orgullo y prejuicio y zombies (novela e película), obras xa recomendadas e mercadas para as sesións terroríficas de Nadal. Outro factor intersante foi ver a iniciativa de facer planos de rutas turísticas nos lugares da rodaxe e viaxar a eles en autocaravana ou a profusión de bibliografía estudando a saga desde diferentes puntos de vista: político, filosófico, narrativo, audiovusual, sociolóxico e,incluso, gastronómico. Reflexionamos tamén sobre o peculiar tratamento das personaxes femininas, tentando facer o menor spoiler posible ante os rogos dalgunhas rapazas que está a ler e aínda non remataron a saga nin viron as tempadas completas emitidas da serie até agora. Á actividade asistiu o alumnado  de Bacharelato e da ESO interesado, seguidores das novelas ou da exitosa serie Xogo de tronos, de HBO, baseada na saga. Fixemos un xogo con preguntas usando El libro de los enigmas de Juego de tronos: os tres concursantes que acertaron máis preguntas foron premiados cun chaveiro ou cadea de Xogo de tronos.

Nadal de morte BACH








Comentamos e reflexionamos acerca dos prexuizos e da realidade que se agocha en Camiños na auga e comentamos e reflexionamos sobre os tópicos e o machismo na literatura sentimental a partires de Los tres nombres del lobo. Para incidir nisto, facemos  xogos  de pregunta-resposta e reflexión sobre os libros e logo propoñemos  libros e contos de medo para un Nadal de morte. Explicámoslles como os escritores victorianos, como Dickens ou Wilkie Collins escribían contos de medo ou misterio para o Nadal nas súas revistas literarias.
Proponse tamén o libro Reencontro (en galego) de Fred Ulhman para ler entre Xaneiro e Febreiro (Camiños do desencontro), así que mercamos 4 exemplares (en galego) da editorial Costa Oeste e varios dos membros do club comentaron despois o moito que lles gustara o libro. 

domingo, 17 de junio de 2018

ANTÓN BLANCO CASÁS: UN POETA NOVO NO CLUB

Antón Blanco Casás, recén licenciado en Filoloxía galega, natural de Carril, é autor de dous poemarios:  A oseira (2016) e Tres estudos para un poema da cidade (Galaxia, 2018), o seu último poemario, dedicado á nosa cidade. Ademáis, participou nas antoloxías No seu despregar (2016) e 13. Antoloxía da poesía galega próxima (2017).

Antón tivo a gran deferencia de visitar o club de lectura Nao Senlleira do IES Fermín Bouza Brey e contarnos que autores o inspiran e lle gustan especialmente, como Méndez Ferrín e Celso Emilio Ferreiro. Falou ao alumnado de Bacharelato e da ESO da literatura de posguerra e da importancia das vangardas na configuración da literatura galega actual. Varias rapazas recitaron poemas do seu último poemario, Tres estudos para un poema da cidade, o cal mercamos para a biblioteca xunto con A oseira, e tivo a grande amabilidade de dedicárnolo e firmárnolo e facernos pasar unha sesión agradable coa súa sinceridade e sinxeleza. Agasallámolo cun exemplar de Camiños na auga, de Núñez Singala, libro que leron no club de Bacharelato no primeiro trimestre. Estamos desexando que volva de seguida.

SESIÓN PIZZA E FLOCOS DE MILLO CON MISS PEREGRINE


Pasamos unha velada incrible coa nosa pizza tortilla, flocos de millo e a peli.

Nunha sesión previa, votouse no club que película podíamos ver que tivese que ver entre estas dúas: El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares de Tim Burton ou Un monstruo viene a verme de Juan Antonio Bayona. A votación estivo reñidísima e, finalmente, gañou El hogar só por un voto de diferenza. Foi unha xornada festiva e de convivencia que buscaba afianzar os vínculos entre os membros do club e facer que as nenas e nenos disfrutasen dunha xornada longa de convivencia, facendo actividades que raramente realizan en grupo. Como podedes ver, xa tiñamos na cafetería o dragón para a decoración da sesión adicada a Xogo de tronos.

Non deu tempo a rematar de vela toda, así que fixémolo en dous recreos. Por suposto, a película proxectouse na biblioteca e como excepción, permitíuselles comer eses sabrosos flocos de millo.






CLUB REDONDELA: UNHA AGRADABLE VISITA

  

O 16 de maio, véspera da celebración do Día das Letras Galegas, tivemos a visita de máis 50 persoas que forman este club. No transcurso do seu roteiro literario pola ría de Arousa fixeron esta parada no noso centro para recitar versos de Fermín Bouza Brey.
Viñeron alumnas e alumnos, profes e mesmo unha nai e un pai que forman parte do club de adultos. Estiveron connosco apenas media hora. Convidámolos a ver dous vídeos: o do Club de Lectura "Nao senlleira", que fixeramos hai tres cursos, e o que vimos de publicar sobre a novela de María Victoria Moreno Leonardo e os fontaneiros.
Fixeron a foto de rigor nas escaleiras onde temos escritos os versos do poema máis coñecido do autor que dá nome ao noso centro.
Por certo, non busquedes poemas nin novelas de Pedro Floriani! Non foi un escritor, senón un contratista que traballou na construción do ferrocarril, en concreto dun dos viadutos que atravesan a vila de Redondela. A historia de Pedro Floriani é un tanto confusa ao terlle atribuído datos que corresponden a outro arquitécto homónimo. O que si sabemos é que tivo un destino tráxico. Para saber máis sobre o tema podes pinchar aquí: Pedro Floriani

Temos que pensar en devolverlles a visita para o vindeiro curso. A "Nao senlleira" do Bouza debería navegar ata a illa de San Simón.


Banda deseñada








O 4 de maio tivemos unha charla e presentación, axudada dun estupendo PowePoint sobre banda deseñada: tebeo,cómic, novela gráfica, manga e anime a cargo da coordinadora do club e de Fernando Iglesias Cuervo, fillo do debuxante de banda deseñada Fernando Iglesias (Kohell), autor de Dédalus en Compostela, e exalumno do centro.
Pescudamos nas orixes do cómic e do manga e as súas formas primitivas de elaboración, soporte e consumición e como logo dan o salto á pequena e gran pantalla os superheroes norteamericanos e os mangas, configurando o anime. Falamos do nacemento da banda deseñada nos diferentes países europeos (o tebeo, a tradición francófona con Asterix e Obelix e Tintín), en América (El eternauta ou A liga dos homes extraordinarios) e en Xapón. Fernando explicou con detalle a orixe do manga, os principais autores e os mangakas consagrados nos anos 90 como Akira Toriyama cos seus Dr Slump e Dragon Ball ou os mangas/animes Saint Sayans e One Piece. Explica Fernando como cada tipo de manga, variadísimo, encaixa cunha idade ou cunha temática determinada: mangas para pequenos (Doraemon), adolescentes (Alegre xuventude) e adultos (Gekiga) , mangas deportivos (Spokon) como Oliver e Benji, de aventuras (Nekketsu), sentimentales, eróticos etc.
Falamos tamén do primeiro manga traducido ao galego (Bícame profe, de temática yaoi, escrito por Kazuma Kodaka) e do primeiro manga escrito en galego: Tam de Anémona de Río, nome artístico de Aldara Álvarez García (Vigo, 1995), formada no Garaxe Hermético que dirixe Kiko da Silva e no que traballa tamén Fernando Iglesias, Kohell, pai do noso relator, Fernando iglesias Cuervo.


Por outra banda, falamos de como o animes máis exitosos comezaron a emitirse na TVG: Dragon Ball, Dr. Slump, Shin Chan, Hatori o ninja, Doraemon, One Piece etc. Hai un club de fans de Dragon Ball en galego e un foro de Internet que reivindica poder ver en boa dobraxe galega a última saga de Dragon Ball, polo de agora só dispoñible en castelán. Falamos entón de como estes animes chegaban a nós a través do Xabarín Club e as boas tardes que nos facía pasar a todos/as. Reivindicamos pois, o anime e manga en galego e disfrutamos escoitando as cancións de benvida do Xabarín (Somos do clube da galega) e as cancións introdutorias de Dragon Ball (Temos que loitar) e Dragon Ball Z (Nada, estou disposto a todo…)
Por outra banda, comentamos que o autor ourensán David Rubín acumula catro candidaturas na Comic Con de San Diego. Ademais, a adaptación de Beowulf que realizou, con guión de Santiago García, está nomeada ao galardón á mellor adaptación doutro medio. O resultado dos galardóns coñecerase o vindeiro 19 de xullo na Comic Con de San Diego.